CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas piden xustiza para Samuel nas concentracións convocadas

Publicado o 06/07/2021 15:00

A coruñesa praza de María Pita encheuse para protestar pola brutal agresión que lle custou a vida a Samuel. Foi unha concentración masiva, encabezada polas amigas do mozo asasinado. Tamén houbo concentracións en Compostela, Ourense ou Vigo. 

A convocatoria de asociacións LGTBI tivo unha resposta masiva na Coruña, á vista do aspecto da praza de María Pita. Concentráronse para condenar o crime e pedir xustiza para o mozo coruñes. Tamén foi moi numerosa a concentración de Vigo. En Ourense, debido á afluencia de xente, a concentración converteuse nunha marcha. Ademais de nas cidades houbo concentracións en numerosas vilas. Foron máis de medio cento. 

Concentracións tamén en diferentes cidades españolas. Convocadas por diferentes asociacións en defensa dos dereitos LGTBI saíron á rúa para pedir xustiza polo asasinato de Samuel. En Madrid concentráronse na Porta do Sol.

Barcelona, Zaragoza, Oviedo ou Valencia son outras das cidades onde houbo concentracións.  



 

 

Noticias web

06/07/2021