Concentracións en Madrid e noutras cidades para condenar a malleira mortal a Samuel
Publicado o 11/07/2021 21:13
A da Coruña non foi a única mobilización. Foi unha xornada de protestas tamén noutras cidades españolas, coma esta de Madrid. Alí puidemos escoitar berros de condena á malleira mortal de Samuel. O escenario elixido foi a Porta do Sol.
Estaba convocada por asociacións que piden o cese da violencia contra o colectivo LGTBI e piden actuacións máis contundentes contra o delito de odio.