CRTVG

Buscar

Concentracións de repulsa polo último asasinato machista en Madrid

Publicado o 26/03/2019 17:49

O Concello de Madrid, a Comunidade e a Delegación do Goberno convocaron para esta mañá concentracións e un minuto de silencio para recordar a María, a última vítima da violencia machista.

A muller, de 39 anos, recibiu varias coiteladas mortais a mans do seu home, de 47 anos, que posteriormente se suicidou.

Os feitos aconteceran onte na vivenda de ambos no concello de Loeches, e nese momento estaban tamén nela os dous fillos da parella, un neno de 5 anos e unha nena de 11.

Foi esta última quen alertou do que acontecera, no supermercado que hai baixo a vivenda e en que traballaban seus pais.

O alcalde de Loeches confirmou que non houbera ningunha denuncia previa de malos tratos. O concello decretou dous días de loito e unha concentración de repulsa por este asasinato para esta tarde.

Noticias web

26/03/2019