Concentracións de apoio a Puigdemont en Cataluña
Publicado o 24/09/2021 21:40
A Asociación de Municipios pola Independencia chamou a protestar polo arresto do ex-presidente da generalitat. Durante todo o día, houbo marchas semellantes, a maior delas diante do consulado italiano en Barcelona. A diferenza das primeiras protestas, nas desta tarde si están participando dirixentes de Esquerra Republicana.
Nunha delas, o presidente de ERC, Oriol Junqueras, intercambiou mensaxes co expresident Carles Puigdemont para felicitalo pola súa posta en liberdade e emprazou ao Estado español a "tomar boa nota" do que definiu como unha "desautorización" da xustiza italiana ao Tribunal Supremo (TS).