CRTVG

Buscar

Concentración no Senado contra a lei Celaá

Publicado o 16/12/2020 13:44

A plataforma Más Plurales convocou unha concentración contra a lei Celaá diante do Senado, onde segue a tramitación parlamentaria da reforma educativa.

Esta plataforma denuncia que esa lei de educación supón a imposición dun modelo único que porá fin á pluralidade educativa actual. Reivindica o dereito das familias a elixir a educación dos seus fillos e defende o ensino concertado.

A plataforma recolleu xa case dous millóns de sinaturas contra a lei Celaá e ten convocadas novas protestas esta fin de semana.


 

Noticias web

16/12/2020