CRTVG

Buscar

Concentración no Carballiño en repulsa pola agresión a unha nena por parte dun amigo

Publicado o 11/09/2021 12:55
Concentración no Carballiño en repulsa pola agresión a unha nena por parte dun amigo

Amigos, familiares, veciños e tamén autoridades concentráronse este sábado na praza maior do Carballiño para condenar o sucedido o xoves na vila coa violenta agresión a unha nena de 14 anos, ao parecer por parte dun menor amigo seu de 13 que avisou el mesmo os servizos de emerxencia tras golpear a vítima na cabeza.

A Garda Civil investiga os pormenores do suceso, xa que na chamada o mozo aseguraba que "viña de matar a súa amiga". A rapaza precipitouse desde o segundo andar do edificio á rúa, desde uns 12 metros de altura, e recibiu alí os primeiros auxilios dos sanitarios.

A nena permanece ingresada en estado crítico na UCI no hospital de Ourense. Nas pancartas de apoio dos amigos e veciños podíase ler "Ánimo, guerreira. Estamos contigo". Os concentrados non se explicaban o sucedido e definían a menor como "unha nena normal e encantadora". Sobre o suposto autor da violenta agresión dicían que semellaba ser un neno normal e sen problemas que puidesen presaxiar o que sucedeu. Os concentrados tamén lle amosaban o apoio á familia do menor ante a situación que poden estar pasando.