CRTVG

Buscar

Concentración en Santiago de empregados públicos temporais

Publicado o 22/05/2021 15:23

Seguen as mobilizacións na defensa da consolidación do emprego temporal no sector público galego.
Este mediodía houbo unha concentración na praza do Toural, de Santiago, na que o sindicato CUT recolleu sinaturas de apoio á iniciativa lexislativa popular rexistrada o mes de febreiro.

Os participantes demandan que se lle poña fin á elevada taxa de temporalidade na Administración que, segundo denuncian, nalgúns casos chega ao 80%.

A mobilización súmase ás distintas iniciativas de interinos en fraude doutros lugares de España que demandan unha solución inmediata.

Noticias web

22/05/2021