CRTVG

Buscar

Esixen a reapertura do caso das gravacións da Maruxaina colgadas en páxinas porno

Publicado o 04/04/2021 14:59

Os veciños saíron á rúa en San Cibrao para apoiar a manifestación que reivindica que se investigue a gravación de varias mulleres ouriñando durante a celebración da Maruxaina do 2019. Un xuíz entendeu que ao subir o vídeo a unha páxina web pornográfica non se produciu “ningún ataque nin vulneración da intimidade”.

Dúas das persoas que aparecen nas imaxes volven ao lugar no que se realizou a gravación. Manteñen que foi intencionada e que as cámaras estaban situadas estratexicamente.

Ataviados coa faldra propia da festa da Maruxaina saíron a protestar. Din que non había suficientes sanitarios para ir ouriñar, dado que a festa é multitudinaria, e que se colocaron as cámaras de forma intencionada. 

Ademais desta manifestación, tamén están recollendo sinaturas para que o asunto chegue ata o Parlamento galego.

Noticias web

04/04/2021