CRTVG

Buscar

Concentración en Campo Lameiro contra o peche da sucursal de Abanca

Publicado o 27/08/2021 21:06

Campo Lameiro, é un dos concellos afectados polo peche de sucursais de Abanca. Os veciños deste concello pontevedrés manifestáronse esta tarde convocados pola corporación municipal.

O comercio tamén se uniu á protesta con crespóns negros nos locais e pechando antes da saída da manifestación. No caso de Campo Lameiro, van quedar sen ningunha sucursal, porque só hai a de Abanca. A única opción que lles dá o banco é enviarlle algunha vez ao mes un microbús.

Desde o Goberno galego comprométense a facer "todo o posible" para evitar o peche de sucursais no rural.


 

Noticias web

27/08/2021