CRTVG

Buscar

Concentración en Barcelona en apoio das mulleres afgás

Publicado o 19/08/2021 09:01

Unhas 450 persoas, segundo a Garda Urbana, saíron á rúa en Barcelona en solidariedade coas mulleres e nenas afgás e en defensa dos seus dereitos. Convocadas pola organización feminista Ca la Dona e co apoio doutras oitenta entidades, reclamaron o recoñecemento inmediato de asilo político ás persoas que foxen de Afganistán, en especial, mulleres e nenas afgás.

Durante a concentración un grupo simbolizou que están contra a toma do poder polos talibán quitando o burka para, de seguido, prenderlle lume.

 

Noticias web

19/08/2021