Concentración en Amurrio para apoiar un mozo ante unha nova agresión homófoba
Publicado o 14/08/2021 21:26
Outra agresión homófoba atopou esta tarde o seu rexeitamento en Amurrio. Os participantes nesta concentración quixeron amosar o seu apoio ao mozo de 22 anos que o pasado xoves fora increpado e golpeado nesta localidade alavesa pola súa condición sexual.
A vítima atópase ben fisicamente pero moi afectada polo sucedido. A Ertzaintza investiga os feitos como un delito de odio.