Concentración dos traballadores de Alcoa en Asturias contra o peche das factorias anunciadas
Os traballadores de Alcola marcharon esta mañá dende a factoría ata o concello de Avilés, onde se concentraron esixindo solucións logo de que a multinacional anunciara a súa intención de pechar as plantas de Avilés e A Coruña. O persoal rexeita as medidas propostas esta semana por Alcoa de manter o posto para 200 traballadores das áreas de fundición das dúas fábricas, e de despedir o resto mediante prexubilacións e indemnizacións.
Os sindicatos piden a intervención do Goberno, pero o executivo descartou onte solucións contrarias á normativa europea, como sería a nacionalización das plantas alumineiras. O peche destas dúas factorías da terceira maior produtora de aluminio do mundo afectaría a uns 700 empregos directos e a máis de 2.000 indirectos.