Concentración de Queremos Galego! para mudar a política lingüística
Publicado o 21/04/2021 16:20
A plataforma Queremos Galego! convoca unha concentración na praza do Obradoiro para defender a lingua o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Fai un chamamento á mobilizacion social en defensa do idioma. Pide un cambio da política lingüística coa fin de garantir o uso do galego en calquera proceso administrativo, xudicial e educativo.
Segundo o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, "queremos vivir en galego (o lema da concentración) con toda a liberdade, con total normalidade, sen límites, sen coaccións e sen exclusións".