Concentración de pensionistas na praza do Obradoiro
Publicado o 07/09/2020 15:04
Esta mañá houbo concentración de pensionistas na praza do Obradoiro, en Santiago. A Plataforma compostelá reclama pensións dignas, garantidas no Presuposto Xeral do Estado e revalorizadas segundo o IPC. Demandan unha contía mínima de 1.080 euros.