CRTVG

Buscar

Gandeiros de vacún de carne protestan ás portas dun supermercado para reclamar mellores prezos

Publicado o 23/06/2020 14:51

Os gandeiros de vacún de carne volvéronse a concentrar ás portas dun supermercardo para reivindicar a caída de prezos en orixe. Desta volta fixérono en Lugo.

Din que dende a pandemia lles pagan aos produtores un 20% menos, mentres que o consumidor segue pagando o mesmo pola carne. Ademais, quéixanse da venda de carne procedente de países do Leste e piden a creación dun obsevatorio de prezos. Sinalan que en Galicia están afectadas unhas 10.000 explotacións.

Noticias web

23/06/2020