Concentración de empregados de residencias en Santiago para pedir melloras laborais
Publicado o 08/10/2020 13:57
Empregados das residencias de maiores participaban este mediodía en Santiago nunha concentración para reclamar mellores condicións laborais.
Convocados polo sindicato Comisións Obreiras, traballadores destes centros asistenciais expresaron as súas reivindicacións diante da Consellería de Política Social.