CRTVG

Buscar

Concentración contra o peche do convento dos capuchinos na Coruña

Publicado o 09/05/2021 19:46

Leva máis de cen anos na Coruña e queren evitar que desapareza. Os fregueses dos capuchinos concentráronse ás portas da igrexa en protesta polo anuncio da orde relixiosa de clausurar o convento e de trasladar os dous sacerdotes que quedan.

Tamén está en marcha unha recollida de sinaturas coa que reivindican a continuidade da parroquia, unha das máis activas da cidade. Anuncian que seguirán concentrándose contra esta decisión todos os domingos despois da misa das doce e media.