CRTVG

Buscar

Concentración contra a violencia machista en Lloret de Mar

Publicado o 10/11/2020 08:46

Concentración en Lloret de Mar contra a violencia machista e en memoria da muller asasinada presuntamente polo seu compañeiro sentimental este luns. A vítima tiña 49 anos e era de nacionalidade belga, igual que a súa parella. O crime aconteceu nun apartamento turístico en que vivían, preto do paseo marítimo da localidade catalá. O home presentouse ante a Policía despois de estrangulala. É a vítima mortal número 40 da violencia machista en 2020, a 1.073 desde 2003, en que empezaron os rexistros.


 

Noticias web

10/11/2020