CRTVG

Buscar

A Policía controlou a segurdade na contorna durante o xuízo contra un irmán de Sinaí Giménez

Publicado o 09/07/2021 13:59

Antes das nove da mañá a gran familia dos Moróns estaba despregada xa na praza anexa aos xulgados e nas diversas cafeterías e zonas verdes arredor da rúa Francisco Tomás y Valiente, en Pontevedra.  

Un cordón policial controlaba a seguridade da familia e dalgúns medios de comunicación. Todos respondían ás indicacións de Sinaí Giménez, irmán de Juan Paulo e figura de autoridade dos Moróns desde o falecemento do seu pai Olegario Giménez, autodenominado rei dos xitanos desde o vinteún de marzo deste ano. Ninguén quixo facer declaracións.

Minutos antes das dez, Sinaí e outros familiares departiron cos seus avogados, e xa cara ás dez Sinaí Giménez, a súa muller Meli, o seu irmán Marino e o secretario Miguel Ángel Valverde accederon á sala do xuízo ante o malestar dos non citados. Polas medidas sanitarias contra a covid−19, tamouco a prensa nin a maior parte dos achegados puideron estar físicamente na sala onde se celebrou o xuízo. 

Noticias web

09/07/2021