CRTVG

Buscar

Concellos do rural mobilízanse contra o peche de sucursais de Abanca

Publicado o 02/09/2021 15:30

Os concellos afectados polos peches de sucursais bancarias na provincia da Coruña unen forzas para protestar pola perda de servizos. Veciños de concellos como Zas, Vimianzo ou Fene, encabezados polos seus alcaldes, manifestáronse polas rúas da Coruña para protestar polo peche de sucursais de Abanca nas zonas rurais. Pídenlle á entidade bancaria que reconsidere esta medida que afecta especialmente os veciños de idade.

Na protesta que percorreu as rúas da Coruña, os veciños recibiron o apoio dos alcaldes que lle reclaman á entidade que reconsidere os peches destas pequenas sucursais que afectan especialmente os maiores.

As protesta pola perda de servizos bancarios esténdese tamén a outros concellos de Pontevedra. A oficina de Portas é das que teñen contados os días para o peche. A corporación municipal acordou mobilizacións.

Abanca dí que é a entidade financeira con maior rede comercial no rural galego e comprométese a prestar servizos nas localidades afectadas pola reordenación de sucursais, a través dos caixeiros, das oficinas móbiles e nas localidades máis próximas.

 

 

Noticias web

02/09/2021