Conce pide que se destinen fondos europeos a fixar en Galicia investimentos relacionados coa cadea da automoción
Publicado o 14/09/2021 16:17
A Xunta mantén contacto permanente coa factoría. Con vistas ao futuro, o vicepresidente Francisco Conde pídelle ao Goberno central que destine fondos europeos para incentivar os investimentos en Galicia, relacionados coa cadea da automoción.
"Reclamamos que nesa planificación dos fondos europeos se teñan en conta estes impactos. O coche eléctrico é importante, pero o sector automoción hai outros elementos como os microchips nos que tamén hai oportunidades de investimento", dixo Francisco Conde, vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación.