CRTVG

Buscar

Detéctanse 46 positivos en Sarreaus, con pouco máis de mil habitantes

Publicado o 12/12/2020 14:36

Dende o concello chaman todos os días os veciños positivos ou en corentena para saber que precisan. Dos 46 contaxiados que hai neste intre no municipio a gran maioría pertencen ao núcleo de Sarreaus.

Percorren unha localidade practicamente deserta. Atópanse en nivel medio alto de restricións pero realmente aquí o único que permanece aberto é a farmacia.

De non ter ningún positivo durante semanas Sarreaus pasou a converterse no concello con maior incendencia do virus en Galicia cuns 4.000 casos por cada 100.000 habitantes.

Boa parte dos positivos localizáronse grazas a un cribado voluntario da poboación levado a cabo polo Sergas esta semana.

Noticias web

12/12/2020