CRTVG

Buscar

Con 939 casos activos a área sanitaria de Vigo segue a ser a de máis incidencia de Galicia

Publicado o 01/05/2021 14:34

Estos que ven son contactos dun positivo por coronavirus citados no Hospital Álvaro Cunqueiro para facerse unha PCR da que terán o resultado 24 horas despois. Na área sanitaria de Vigo diagnosticáronse nas últimas 24 horas 51 novos casos. Onte foron 49. A cifra global de casos activos está en 939, o que supón unha incidencia aos cen mil habitates de 313 casos.

Agora estamos no covid auto do Meixoeiro. Están citadas 1500 persoas na quenda da mañá e outras tantas na da tarde. Os que ven pertencen ao centro de Vigo, a ambulatorios como os de López Mora, Nicolás Peña ou Coia.

Desos 939 casos activos 29 están hospitalizados en planta e 12 nas unidades de coidados intensivos. Preocupan o número do críticos porque o venres había u menos ca hoxe. Dez están no Alvaro Cunqueiro e 2 no Vithas Fátima.

O subcomité clínico de expertos aínda ten o foco posto nos concellos da área sanitaria. Gondomar, con 34 casos, subirá a nivel alto de restricións o luns, como xa o fixeran antes Salceda de Caselas e Ponteareas. Vigo, Nigrán,, Cangas, Porriño e Tui seguen en nivel medio de restricións.