CRTVG

Buscar

A área de Vigo con máis de 2.300 casos segue a ser a de maior incidencia de covid

Publicado o 18/07/2021 14:25

No acceso ao Covid auto do Meixoeiro non hai coches este domingo. Porque aquí, maiormente, veñen programando cribados poboacionais aleatorios. As PCR practicadas na área sanitaria de Vigo están hoxe concentradas, de novo, na carpa anexa ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Ademáis das probas obrigatorias antes dun ingreso programado nun hospital da área quí fanse probas aos contactos directos dos posiivos diagnosticados nestos días. Só na cidade olívica rexistraron 1000 contaxios nos últimos sete días.

Nas últimas 24 horas deron positivo en coronavirus, en virtude dunha proba PCR 235 persoas, a cifra máis baixa nos últimos días. En toda a área, conformada por 26 concellos, hai 2319 casos activos.

Dos vinte hospitalizados, cinco máis ca onte, tres están no Vithas Fátima, dous no Povisa e o resto no Álvaro Cunqueiro. Na UCI non hai cambios. Segue habendo dúas persoas ingresadas en críticos.

Noticias web

18/07/2021