CRTVG

Buscar

Con 14 casos, Paradela é o concello coa maior incidencia acumulada da covid en Galicia

Publicado o 14/03/2021 14:20

Esta muller foi unha das veciñas de Paradela que se someteu ao cribado masivo que se fixo o sábado entre os veciños. O mesmo ca o resto, está con medo e evita calquera tipo de relación, por iso as rúas están baleiras. En Paradela case un setenta por cento dos veciños pasan dos 65 anos.

A fatiga pendémica chega tamén aos concellos pequenos que, salvo excepcións, non conseguir escapar da pandemia, malia a maior dispersión e a menor interacción social.

O alcalde confía en que para a semana os positivos se reduzan á metade, á espera dos datos do cribado de no que había 300 convocados e partiparon un setenta por cento.

Noticias web

14/03/2021