Con 1.058 infrectados, a área sanitaria de Vigo é a primeira de Galicia en contaxios
Publicado o 12/07/2021 13:54
O número de contaxios na área sanitaria de Vigo é o máis alto desde o pasado mes de febreiro, en plena terceira vaga. Nas últimas vinte e catro horas rexistráronse cento dezasete novos positivos, unha cifra que só supera Ourense, e a incidencia acumulada está en 230 casos por cen mil habitantes a catorce días.
O 35 % dos infectados teñen de 20 a 29 anos, segundo apuntou esta mañá o xerente da área sanitaria de Vigo, quen tamén confirmou o escaso reflexo que os datos teñen na hospitalización, xa que actualmente son cinco os pacientes ingresados.