CRTVG

Buscar

Comunícanse 5 mortes nunha xornada en que baixan os casos activos e os ingresos en Galicia

Publicado o 03/08/2021 19:51
Comunícanse 5 mortes nunha xornada en que baixan os casos activos e os ingresos en Galicia

Malia que os casos activos e as hospitalizacións continúan en descenso, na tarde do martes Sanidade comunicou a morte de cinco persoas que foran diagnosticadas coa covid.

Tres delas producíronse o 2 de agosto; tratátabase de dúas mulleres de 84 e 81 anos que morreron no Hospital Quirón da Coruña e no CHUS, respectivamente; e un home de 84 que faleceu no CHUF.

As outras dúas mortes tiveron lugar o 3 de agosto: dúas mulleres de 74 e 86 anos que morreron no HULA e en Povisa. Todas estas persoas contaban con patoloxías previas, segundo Sanidade. Dende o inicio da pandemia faleceron 2.479 persoas en Galicia.