Compromiso por Galicia súmase á candidatura do BNG
Publicado o 07/10/2019 13:46
A campaña do 10-N deixa un acordo electoral en Galicia: Compromiso por Galicia súmase á candidatura do BNG.
Compromiso naceu despois da fractura do BNG en 2012. Agora, chama a concentrar o voto nacionalista e incorpora catro membros nas listas da formación que lidera Ana Pontón. Segundo din, buscan representación no Congreso sen ataduras co Estado.