CRTVG

Buscar

Cómpre tomar medidas de ciberseguridade no teletraballo

Publicado o 02/04/2020 21:38

As cociñas son oficinas improvisadas, os computadores, nos máis dos casos, da nosa propiedade. O estado de alarma impuxo en España unha modalidade de traballo á que, a dicir verdade, nunca estivemos moi afeitos. Alén de reducir o contaxio da COVID -19, no teletraballo prima tamén manter a actividade e os servizos. Pero é o teletraballo unha solución cibersegura para as empresas? É segura sempre e cando se cumpran estas recomendacións.

Os salóns tamén son oficinas improvisadas, ou mesmo redaccións desde onde os xornalistas non queremos deixar de informalos. A nosa compañeira Susana igual que a que asina esta información, temos acceso desde as nosas casas a todo o que acontece no país e no mundo. Incluso hai cuartos que son colexios improvisados. Yolanda prepara as clases dos seus alumnos desde a casa. A exposición de datos é grande, sobre todo nas empresas pequenas, onde non teñen servizo informático propio ou contratado.
Lémbrannos actualizar as versións, cambiar os contrasinais dos equipos, protexer o móbil ... Todas medidas para garantir o teletraballo en termos de seguridade. Facendo isto, hai moito camiño andado. España é un dos países do mundo coa mellor estrutura tecnolóxica para o teletraballo.
 

Noticias web

02/04/2020