CRTVG

Buscar

Encarece a compra a través de Internet de produtos de fóra da Unión Europea

Publicado o 21/06/2021 15:02

A partir do un de xullo, comprar a través de Internet produtos de fóra da Unión Europea será máis caro. Teremos que pagar, por exemplo, por mercar en Aliexpress ou en Amazon se os produtos non son comunitarios.

Isto é porque entra en vigor unha nova normativa fiscal. Ata agora, os produtos que se compraban fóra da Unión Europea cun valor inferior a 22 euros estaban exentos do IVE. Pero o plan de Bruxelas para acabar coa fraude fiscal cambia estas regras, e dende o 1 de xullo ningún produto procedente de fóra da Unión estará exento deste imposto.

Isto vai afectarlles principalmente ás compras en AliExpress, que xa acapara o 62 por cento do comercio en liña en España, tras desprazar a Amazon como a primeira plataforma. As compañías poderán liquidar o IVE a través da xanela única que creou a Comisión Europea pero, de non ser así, será o cliente o que deberá aboárllelo ás empresas de paquetería.

Noticias web

21/06/2021