CRTVG

Buscar

Compostela Somos Cultura dinamizou o sector cultural na cidade durante tres meses

Publicado o 17/02/2021 22:18

Remata esta semana o Compostela Somos Cultura, unha proposta coa que desde hai tres meses o concello de Santiago buscou dinamizar e relanzar a cultura local en tempos de pandemia. Cambiaron os teatros polas redes sociais e os palcos por lugares comúns da cidade. 

Inspirarse nunha tenda para esta coreografía. Vestir de arte o comercio local. Promovelo, con cultura. Vulnerable en tempos de pandemia. Visible coa campaña Compostela Somos Cultura.

Levárona ao salón de peiteado, á tenda de guitarras... Levaron cultura ao mesmísimo estadio de fútbol Vero Boquete... Non houbo perímetro que os perimetrase: as redes socias e unha canle de Youtube propia espallaron desde o mes de decembro música, contos, danza, interpretación.

A piques de que remate a experiencia, e con exitosas cifras de seguimento, Compostela Somos Cultura despídese con moi bo sabor de boca.

Á espera de que ese futuro chegue libre de virus, a cultura, tan supervivente como necesaria, demóstranos que pode convivir coa pandemia máis letal.








 

Noticias web

17/02/2021