Complicacións pola neve nas estradas de Ourense
Publicado o 04/12/2020 14:09
Moitas complicacións a primeira hora da mañá no alto do Vieiro. A intensa nevarada cubriu a N-540 provocando varias saídas de vía.
Nestas circunstancias, os camións tíñano moi difícil para circular. O traballo das máquinas quitaneves foi tamén imprescindible para restablecer o tránsito.
Tamén na A-52 traballan arreo para despexar a autovía, por momentos en nivel verde por Trasmiras e na Canda.
Continúa decretado o aviso amarelo no sur e no noroeste da provincia de Ourense, e na montaña con acumulacións de neve que poden chegar aos dez centímetros.
Esta é a primeira grande nevarada da tempada. Segundo as previsión de Meteogalicia, continuará nevando hoxe todo o día por riba dos 500 metros.