Competición desestima o recurso do Deportivo por aliñación indebida do Estremadura
Publicado o 14/07/2020 20:22
• O Deportivo anuncia que pensa apelar a decisión do Comité de Competición
O Comité de Competición desestimou a denuncia interposta polo Dépor por mor dunha suposta aliñación indebida do Estremadura. O Comité entende que Airam Cabrera estaba sendo atendido na banda e que en ningún momento abandonara o partido polo que o Estremadura non quedou con 6 xogadores do primeiro equipo. O Dépor vai recorrer esta decisión.