CRTVG

Buscar

Competición deixa sen efecto a expulsión de Rubén, que poderá xogar ante o Valladolid

Publicado o 24/02/2021 21:29

Unha boa nova chegou esta tarde á casa Celta. Non é habitual que suceda, pero o Comité de Competición acaba de darlle a razón ó club vigués e retíralle o cartón vermello a Rubén Blanco. O Comité asume toda a alegación feita polo Celta, recoñece que non hai contacto entre o pé de Rubén e o de Maxi Gómez. Xa que logo, non hai falta, interpreta que Maxi se deixa caer e corrixe así a decisión do propio VAR. Pizarro Gómez amosou o cartón vermello directo e sinalou a falta logo de ser advertido polo colexiado da videoarbitraxe. Rubén si poderá xogar ante o Valladolid.

Noticias web

24/02/2021