CRTVG

Buscar

Como se traballa baixo a terra, a centos de metros de profundidade?

Publicado o 12/03/2021 15:13

Baixo a terra o traballo non cesa, as 24 horas do días. No que é a mina de lousa máis grande do mundo, situada en Carballeda de Valdeorras, traballan medio cento de persoas dividas en dous equipos, un é o que se encarga de abrir as galerías e darlles forma ás cámaras e outro que se dedica á extracción da lousa.

José Luis leva 25 anos traballando na mina. Forma parte do equipo que se encarga de abrir novas galerías e  preparar as cámaras.

O medio cento dos traballadores pasan a súa xornada laboral baixo terra, traballando a luz dos focos.

A humidade impregna o ambiente. A auga é fundamental para evitar o pó. Unha vez extraída a lousa, condutores como Xosé lévana ao exterior por un labirinto de galerías.

Experiencia fundamental para ser quen de traballar a centos de metros baixo a terra.

Noticias web

12/03/2021