Como se pode tratar os casos leves de coronavirus na casa?
Algúns casos leves de coronavirus poden tratarse na casa, sempre que se cumpran uns requisitos e seguindo as medidas previstas polo Ministerio de Sanidade.
Algúns dos requisitos son: non ter outras enfermidades, non convivir con persoas con factores de risco e dispoñer cun cuarto ben ventilado para o illamento. Se hai un baño só para o paciente, mellor.
Pola contra, non poden tratar o coronavirus na casa persoas maiores, embarazadas, nenos, doentes con enfermidades crónicas ou sen defensas.
Tampouco persoas con síntomas graves respiratorios, intestinais ou neurolóxicos.
E como debe ser o illamento? Non se pode recibir visitas e debemos ter un teléfono a man para comunicarnos co persoal sanitario.
E que pasa cos que conviven co enfermo? Deben lavar as mans despois de calquera contacto, usar máscara e guantes desbotables, desinfectar superficies que se tocan a miúdo e, sobre todo, mirar a febre e poñerse en contacto cos médicos se eles tamén teñen síntomas do coronavirus.
Máis información, no teléfono gratuíto 900 400 116.