Como se pode facer un rescate cun dron autónomo? Asistimos a unha simulación
Publicado o 16/10/2020 15:04
Ante a alerta dun pescador que caeu nunhas rochas de difícil acceso, actívase o rescate e despega este dron de salvamento.
Trátase só dun simulacro, pero reflicte á perfección como a tecnoloxía desenvolvida polo Instituto Tecnolóxico de Galicia permite reducir os tempos de resposta. Os drons voan de forma autónoma e monitorizan a zona a tempo real achegando información clave.
Estas probas, realizadas en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias, leváronse a cabo en Áncora, un centro experimental situado no concello de Cervo.
Este sistema 100% galego que agora se proba na costa pode aplicarse tamén en incendios ou mesmo para transportar pequenas mercancías a grandes buques sen que estes teñan que achegarse a porto.