CRTVG

Buscar

Como recuperarse dos excesos do nadal

Publicado o 08/01/2021 19:26

A pandemia non aninmou a facer grandes celebracións e mesmo obrigou a suspender moitas das noas tradicionais citas gastronómicas do nadal, Malia todo, quen máis quen menos seguro que gañou algún quilo nestas últimas semanas. Por iso hai que poñerse xa mans á obra. Hoxe na rúa atopamos solucións para tódolos gustos.

Os expertos din que facer exercizo, volver ás nosas rutinas e recuperar os nosos hábitos alimentarios son medidas moito máis eficaces ca someterse a unha dieta ou obsesionarnos con apuntarnos, unha vez máis, a un ximnasio.. Iso si, beber máis auga e comer máis froita e verdura do habitual axudará, e moito, a que recuperemos a forma.

Noticias web

08/01/2021