CRTVG

Buscar

Como podemos minimizar o risco de contaxio nas comidas de Nadal?

Publicado o 23/12/2020 21:10

Os protocolos sanitarios recomendan que situacións como estas non se deben producir este ano. Independentemente do número máximo de persoas que marca a normativa para as reunións famililares deste Nadal, os expertos sinalan que na cea de Noiteboa e na comida e Nadal se debe gardar no posible a distancia social.

"Esta mesa que temos aquí, se hai unha parella de conviventes, sentar enfrontados, porque ao final cando estamos a falar ou a comer sempre miramos cara adiante, entón esa comunicación establécese entre conviventes. Se hai unha persoa allea a esa burbulla de convivencia, tería que sentar nesta posición, así está en diagonal", explica a divulgadora científica Déborah García Bello.

Recoméndase tamén acurtar a duración das comidas, ter a estancia ben ventilada e usar a máscara cando non se estea comendo ou bebendo.

"En espazos pechados compartidos con outras persoas que non son conviventes a mellor máscara é a do tipo FFP2 e levala sempre posta. Cando imos comer ou beber, o que temos que facer é retirala, pero só dun lado. Retirámola, dámos o grolo e volvémola poñer".

Na mesa non pode haber ningún elemento de uso común, é dicir, hai que evitar compartir. Tamen é recomendable que á hora de servir o faga sempre a mesma persoa.

Noticias web

23/12/2020