Como limpar os produtos da compra?
Publicado o 03/04/2020 20:25
Ás portas dos supermercados xa se extreman as precaucións, e unha vez dentro manipulamos os produtos con luvas, pero cando volvemos con eles xorden dúbidas de que debemos facer.
Maior coidado requiren aqueles produtos sen envase e que podemos consumir crus. Cómpre desinfectalos ben con produtos aptos para uso alimentario.
Non se considera que o coronavirus se transmita a través dos alimentos, como acontece con outros virus, con todo os expertos sinalan que a calor destrúe o virus e que os alimento cociñados pódense considerar seguros.