Como evitar que nos roube un falso revisor da luz
1. Non deixar entrar ninguén na casa
Se chama á súa porta un revisor de contadores da luz non o deixe pasar. Os contadores están fóra da casa e hoxe en día, case todos se controlan a distancia.
Rafael Suárez Méndez, xerente de Asociación de Instaladores Eléctricos da Coruña: "En realidade, agora a compañía eléctrica non vai revisar os contadores porque o fai a distancia. Son contadores intelixentes e dende a central saben o que pasa neles, canto están medindo ou se teñen unha avaría".
2. Chame un electricista da súa confianza
Pero se vostede tivese o contador dentro da casa e fose tan antigo que tivesen que vir revisalo, o máis normal é que lle envíen antes unha carta. Se alguén aparece por sorpresa, non o deixe entrar. Chame un electricista de confianza e consúltelle que pode facer.
Rafael Suárez Méndez, xerente de Asociación de Instaladores Eléctricos da Coruña: "Houbo un tempo fai anos que había xente pola rúa intentando que asinaramos contratos de cambio de comercializadora con prezos abusivos e nós recomemdabamos non asinar nada e non abrirlle a ninguén. Diciámoslle que lles desen o noso número de teléfono para que falasen con nós directamente. Se temos un instalador de confianza é tan doado como isto".
3. Non asine, non dea datos nin pague nada
En calquera caso, non asine ningún papel, non dea os seus datos e non pague nada na man. Porque se alguén da compañía vén arranxar algo, sempre llo cobrarán na seguinte factura da luz.