CRTVG

Buscar

Como evitar os contaxios no transporte público?

Publicado o 28/07/2020 22:34

Viaxar no transporte público con seguridade é posible se todos seguimos unhas normas. A primeira: levar sempre a máscara posta. Sen ela xa non poderemos subir. E a segunda: evitar falar cos demais viaxeiros ou por teléfono.

En todos os autobuses hai xel hidroalcólico para lavar as mans. Pero tampouco está de máis levar un xel propio por se acaso. E aínda que teñamos as mans limpas é importante evitar o contacto, e por iso é mellor non pagar en efectivo.

Pide ademais o Goberno que as persoas de risco non usen o transporte público. Os que o collan teñen que mirar ben os horarios e incidencias e botar o mínimo tempo na estación.

 

 

Noticias web

28/07/2020