Como distinguir as máscaras cirúrxicas das hixienicas?
As máscaras cirúrxicas son practicamente indistinguibles das hixiénicas pola aparencia, pero garanten un nivel de protección maior. Dedemos saber que, a diferenza da hixiénicas, son de venda exclusiva en farmacias e que teñen un prezo taxado polo Goberno de 0,96 euros.
Buscar o consello farmaceútico é a mellor recomendación para garantirmos que estamos a adquirir máscaras cirúrxicas, a protección mínima esixida para entrar nun aeroporto. A diferenza está no tecido. As hixiénicas, que son aptas para andar pola rúa, está suxeitas a requisitos menos esixentes.
Explícanolo o farmacéutico Ramón Saez: "A cirúrxicas teñen que facerse segundo a normativa UNE14163 ou levar o certificado CE, e as hixiénicas levan outro tipo de normativa de calidade".
Para que protexan, claro está, deben estar colocadas correctamente, cubrindo a boca e o nariz. Están pensadas para evitar contaxiar, pero en contra da crenza popular, tamén nos protexen a nós.
"Ten un nivel de filtración do 70%. Non é un nivel de filtración como unha FFP2, pero protexen: sobre todo aos demais pero tamén a nós mesmos", coméntanos.
A FFP2 superan o 90% de filtración; o 95, as KN95. Pero ollo, deben ser as que non levan válvula, que neste momento están prohibidas en Galicia por non seren aptas para conter a pandemia.
"Non protexen para nada os demais porque a válvula o que fai é permitir que o aire o expulsemos sen ningún tipo de control".
Novos coñecementos, que quizais non imaxinabamos hai meses, e que agora debemos adquirir. O mellor, consultar os farmaceúticos.