CRTVG

Buscar

Comisan unha tonelada de cocaína en Madrid agochada en rochas falsas

Publicado o 03/06/2019 20:41

Literalmente, con pico e pa tivo que sacar a Garda Civil o alixo de cocaína atopado na localidade madrileña de Humanes. A droga estaba oculta en falsas pedras e, a xulgar polos traballos dos axentes, non foi doado extraela.

Efectivos da Benemérita e da Axencia Tributaria detiveron once personas en relación a este alixo dunha tonelada de cocaína. 758 paquetes moi ben camuflados nas rochas, que viaxaron en doce contedores que saíron do Ecuador, pasaron por Cartaxena de Indias, en Colombia, e foron descargados en Barcelona.

Noticias web

03/06/2019