CRTVG

Buscar

Comisan seis toneladas de haxix nunha redada no Campo de Xibraltar, con 14 detidos

Publicado o 03/06/2019 16:39

Axentes da Policía Nacional detiveron 14 persoas e incautáronse de seis toneladas de haxix nunha operación levada a cabo no Campo de Xibraltar. A droga era trasladada desde Marrocos en narcolanchas que a depositaban en distintos puntos da costa española. Unha vez en terra, o haxix introducíase en coches que a organización roubara previamente. Sete deses vehículos puideron ser recuperados.




 

Noticias web

03/06/2019