CRTVG

Buscar

Comisan en Coles 400.000 contraetiquetas falsas de viños con denominación de orixe

Publicado o 14/05/2019 19:21

Investigan en Ourense unha presunta trama de falsificación de contraetiquetas en viños con denominación de orixe.

Nesta empresa distribuidora de bebidas, situada no concello de Coles, foron comisados 400.000 selos falsos da indicación xeográfica protexida de viños de Castela e León, 200.000 contraetiquetas da Denominación de Orixe do Bierzo e tamén varias da D. O. Rías Baixas.

A investigación diríxea o Seprona da Garda Civil de León e nela colaboran axentes de Ourense, ademais da Policía Nacional e da Policía Autonómica.

Noticias web

14/05/2019