Comisan 400 plantas de marihuana que cultivaban nun invernadoiro de Lugo
Publicado o 30/07/2020 15:56
Tamén en Lugo, a Policía Nacional detivo Lugo un ex-militar de 47 anos por un presunto delito de tráfico de drogas.
Os axentes que participaban nunha operación para o control de incendios forestais encontraron na zona rural un invernadoiro en que se cultivaba marihuana. Iniciouse entón unha investigación que levou ata o home agora detido, que tiña na vivenda dous locais de cultivo de plantas e unha habitación que usaba como secadoiro.
Os axentes interviñéronlle 400 plantas de marihuana, dous quilos de brotes listos para a súa venda, unha balanza de precisión, mercancía preparada para fabricar haxix e mesmo unha arma.