Comisan 3.300 quillos de cocaína nunha operación fronte as costas de Portugal
Publicado o 15/02/2019 17:33
A abordaxe dun cargueiro a 150 millas das costas portuguesas conseguiu evitar a distribución e comercialización de 3.300 quilos de cocaína de gran pureza. Na chamada operacion Intraborda, realizada pola Policía e a Garda Civil, detiveron 11 persoas. Con estes arrestos dáse por desartellada unha rede de narcotraficantes que usando cargueiros transoceánicos introducía en Europa cocaína procedente de América do Sur.