CRTVG

Buscar

Comisan 144 litros de augardente nun establecemento público do concello das Neves

Publicado o 06/08/2019 19:35

A Garda civil incautouse de 144 litros de augardente de fabricación artesanal nun establecemento público do concello das Neves. O licor estábase a comercializar de forma fraudulenta sen ningún tipo de etiqueta nin marcas fiscais.

Axentes da Garda Civil localizaron a augardente clandestina no interior de 9 garrafas, cando realizaban unha inspección rutineira nunha tenda de alimentación, que tamén dispón de bar. No local atoparon un lote de rollas procedentes de botellas de curso legal, supostamente preparados para a súa reutilización. Os envases estaban preparados para a súa venda.

Noticias web

06/08/2019