CRTVG

Buscar

Comeza a campaña de vacinación con Janssen dos tripulantes da pesca galega

Publicado o 13/05/2021 15:28

O Sergas confirmou que o Instituto Social da Mariña xa lle comezou a facilitar os datos das tripulacións, algo que levaban tempo reclamando para poder comezar a inmunizar un colectivo considerado vulnerable.

Estase empregando o soro de Janssen porque precisa unha soa dose, e iso facilita moito a vacinación das frotas de altura, que pasan ata 45 días en mar aberto. No caso da frota de grande altura, como a do Gran Sol, as campañas poden durar ata cinco meses.

O sector lembra que as súas condicións de traballo supoñen un risco extra porque non poden gardar as distancias de seguridade. O conselleiro de Sanidade confirmaba que a campaña de vacinación continúa mañá en Burela, cun cento de mariñeiros convocados.

Noticias web

13/05/2021